Cambios nas tarifas de acceso de gas natural
Todo sobre as novas tarifas de gas
Este importe está regulado polo Goberno e a CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia) e aplícase tanto no termo fixo coma no termo variable da túa factura.
Estes son os cambios principais
|
Novas tarifas de accesoDesde o 1 de outubro, para os clientes acollidos a unha tarifa de último recurso, TUR, existen 3 posibles tarifas.A tarifa se continua asignando segundo o consumo e o límite para optar a unha tarifa de último recurso mantense nos 50.000 kWh anuais. Con todo, no novo sistema asígnase unha tarifa diferente aos clientes que consomen máis de 15.000 kWh ao ano ( TUR3). Ver detalle |
|
Desagregación dos custos reguladosO concepto único de peaxes de acceso de gas pasou a partir de outubro a desagregarse en dous conceptos distintos: peaxes de acceso e cargos do sistema.Ver detalle |
|
Revisión anual da túa tarifa de accesoA distribuidora actualiza e cambia, se procede, a túa tarifa de acceso se variaches de tramo de consumo anual. Coa nova normativa, esta análise e actualización deixou de coincidir co ano natural (1 de xaneiro ao 31 de decembro) e pasou a ser do 1 de outubro ao 30 de setembro. |
Resolvemos as túas dúbidas
-
Cando cambiaron?
As novas tarifas de acceso entraron en vigor o 1 de outubro de 2021 e veralo reflectido nas facturas que inclúan o consumo de gas dende esa data. O consumo realizado ata o 30 de setembro foi facturado coa metodoloxía anterior e a partir do 1 de outubro xa se aplica a metodoloxía nova.
-
Cal é a miña nova tarifa?
O 1 de outubro, asignóuseche a túa tarifa TUR adaptada ao novo sistema en función do consumo anual que rexistrases desde o 1 de xullo de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.
-
Cal é a normativa que desenvolve o novo sistema de peaxes de gas?
Se queres profundar máis, a nova normativa que establece a metodoloxía de cálculo das peaxes de transporte, distribución e regasificación é a Circular 6/2020, do 22 de xullo, da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, e a que determina o cálculo dos cargos e as peaxes dos almacenamentos subterráneos é o Real Decreto 1184/2020, do 29 de decembro.
A adaptación da metodoloxía de cálculo da tarifa de último recurso de gas natural á nova estrutura de peaxes do sistema gasista establécese na Orde TED/902/2020, do 25 de setembro, pola que se modifica a Orde ITC/1660/2009, do 22 de xuño.
Os prezos das peaxes de acceso para o ano de gas 2022, aplicables a partir do 1 de outubro de 2021, publicáronse na Resolución do 27 de maio de 2021, da CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia).
Os cargos do sistema gasista e a retribución e os canons dos almacenamentos subterráneos básicos para o ano de gas 2022 (que comeza o 1 de outubro de 2021) publicáronse na Orde TED/1023/2021, do 27 de Setembro de 2021.