-
-
-
Lectura do contador
Como Comercializadora, facturámosche coa lectura que nos facilita a túa Distribuidora Eléctrica e a túa Distribuidora de Gas. Ademais, contámosche como facilitar as lecturas.
Lectura do contador de gasDebido a que non existen contadores intelixentes de gas, é necesario tomar as lecturas de xeito manual.
Podes facilitar a túa lectura de gas mediante o envío dunha fotografía do teu contador dende a nova App Comercializadora Regulada Clientes. Facilitámosche as ligazóns de descarga aquí:
Se tes algunha dificultade para realizar a fotografía do teu contador, podes contactar directamente coa túa Distribuidora de gas e facilitala para que a poidamos ter en conta nas posteriores facturas. Podes consultar a listaxe e teléfonos aquí.
Lectura do contador de luz
Informámoste de que, como Comerciailzadora, facturamos só sobre a base da lectura proporcionada pola túa Distribuidora de Gas. En ocasións, aínda que facilites a lectura a través da nosa App, a Distribuidora de gas non toma esa lectura, ben por estar informada fóra do período ou porque un lector pasase a ler o teu contador, cuxo dato prevalece.
Coñece máis información sobre a lectura do contador aquí.Para a luz, existen os contadores intelixentes, que se len a distancia. A túa Distribuidora eléctrica facilítanos esa lectura e por iso as facturas sempre están baseadas en datos de lecturas reais e son mensuais.
Nos casos moi minoritarios nos que non dispuxeses dun contador intelixente de luz, podes facilitar a lectura á túa Distribuidora eléctrica. Facilitámosche a listaxe das Distribuidoras eléctricas e os seus teléfonos. -
-
-
-
-