Que é a potencia contratada?
A potencia contratada é o «ancho de banda» da túa instalación eléctrica. Para saber que potencia é a óptima en cada período, necesitamos coñecer que aparatos eléctricos podes chegar a utilizar nun mesmo momento.
Canta menos potencia, máis aforro na parte fixa da túa factura, pero que pasa se contratas unha potencia demasiado baixa para o teu consumo? Que ao poñer todos os electrodomésticos en funcionamento á vez, chegarías ao máximo e saltaría o diferencial.
Cambios nas peaxes eléctricas e na potencia
Recordámosche que dende o 1 de xuño, as actuais tarifas de acceso para vivendas e pequenas empresas vanse transformar nunha única tarifa, a 2.0TD. Esta terá 3 termos de enerxía e 2 de potencia. En Comercializadora Regulada explicámosche cales son os cambios e como che van afectar.
Calcula a potencia eléctrica que necesitas en casa coa nosa calculadora!
para o teu fogar