A túa instalación eléctrica
Consellos de seguridade
para o fogar.
Teléfono gratuíto de urxencias
Coñece as normas de seguridade.
Caíches na conta de que case todos os espazos da casa están equipados con puntos de luz e aparatos eléctricos?
A electricidade é potencialmente perigosa se fas un uso non apropiado dela. Evita accidentes innecesarios tomando certas precaucións básicas.
Instalación eléctrica segura:
-
Comproba:
-
Comproba que o interruptor xeral e o cadro de mando están situados nun punto doado de acceso.
-
Comproba unha vez por mes que o diferencial funciona correctamente. En caso contrario, chama un instalador electricista autorizado para que o revise.
-
Revisa que as luces funcionan correctamente e afástaas de cortinas e paredes.
-
-
Á hora de manipular:
-
Se vas manipular unha instalación, apaga antes o interruptor. Por exemplo, antes de cambiar unha lámpada.
-
Non bloquees os interruptores automáticos para que funcionen libremente en caso de fallo na instalación.
-
Utiliza un enchufe para cada receptor, sempre que sexa posible. As conexións múltiples poden producir sobrequentamentos
-
-
Ten en conta:
-
Non uses nunca aparatos con cables pelados, caravillas rotas, enchufes deteriorados etc. Se un aparato che dá "cambras", desenchúfao inmediatamente e chama un técnico.
-
Non sobrecargues as instalacións eléctricas e non poñas cables debaixo das alfombras.
-
Non coloques pantallas ou percorrido de cablespreto de focos de calor.
-
Que facer en caso de accidente eléctrico:
Usar un extintor.
No caso de incendio eléctrico, utiliza un extintor para apagar o lume. Nunca utilices auga.
Cortar a corrente.
Se podes, corta a fonte de alimentación da corrente.
Asistir a vítima.
Se non podes cortar a corrente, colle á vítima pola roupa e tira dela sen que entre en contacto coa súa pel.
Curar queimaduras graves.
Chama a emerxencias. Non apliques remedios caseiros sobre a ferida. Non retires a roupa ao ferido se está pegada á pel.
Curar queimaduras leves.
Arrefría a zona con xeo ou auga, límpaa cunha compresa húmida e aplica unha solución antiséptica.
Tomar precaucións.
Non toques directamente a queimadura nin abras as ampolas ou vexigas que se formen nela. Lava coidadosamente as mans antes de asistir ao ferido.
En caso de urxencia, chama o noso teléfono gratuíto
Acudiremos rapidamente a inspeccionar a túa instalación.
Boas prácticas
-
Auga e electricidade.
-
Manipula os teus aparatos eléctricos coas mans e os pés secos, e preferiblemente calzado. Nunca dende dentro da bañeira ou a ducha.
-
Antes de conectar un aparato eléctrico, comproba que non está mollado.
-
Ao regar, ten coidado de non dirixir a auga a cables, armarios de contadores, caixas de enganche, etc.
-
Na cociña procura utilizar os aparatos eléctricos lonxe da zona do vertedoiro.
-
-
Manipulación de electrodomésticos.
-
Comproba que a tensión dos teus electrodomésticos é a adecuada para o teu fogar.
-
Á hora de desenchufalos, desconéctaos primeiro e tira sempre da caravilla illante. Nunca do cable.
-
Sitúaos a unha distancia prudencial da parede para evitar o seu sobrequentamento.
-
Se aparece fume ou algún olor fóra do habitual, desconéctaos inmediatamente e chama o servizo técnico.
-
Utiliza a toma de terra sempre que a túa instalación e electrodomésticos o permitan.
-
-
Nenos e electricidade.
-
Mantén os nenos afastados de enchufes ou cables soltos.
-
Tapa os enchufes con fita illante ou protectores.
-
Procura que os teus fillos non utilicen xoguetes eléctricos que se enchufen directamente á rede, a menos que os vixíes permanentemente.
-
Procura que os nenos non xoguen preto do televisor. Poderíaselles caer enriba. Ademais, nos modelos antigos, o tubo catódico podería estalar se recibe un golpe.
-
Deixa arrefriar o ferro de pasar nun lugar apartado e fóra do alcance dos cativos.
-