Aviso legal Área Clientes
A través da Área Clientes (en diante, ÁREA CLIENTES) dos Portais de clientes das empresas comercializadoras da sociedade Naturgy Energy Group, S.A. (en diante "a SOCIEDADE"), accesibles a través dos enderezos URL www.naturgy.es e www.comercializadoraregulada.es, facilítase aos visitantes e usuarios desta, (en diante, os "Usuarios"), o acceso a unha ampla gama de xestións online e de produtos, servizos e contidos relacionados coa subministración e consumo de enerxía, e de equipamento e asistencia no fogar.Consonte o establecido no Regulamento xeral de protección de datos e demais normativa aplicable en protección de datos persoais, infórmase ao Usuario da ÁREA CLIENTES do seguinte:
I. RESPONSABLE DO FICHEIRO
1. Os datos de carácter persoal que o Usuario facilite mediante o presente formulario de rexistro cuberto, ou que no futuro poida facilitar, serán recollidos:i) nun ficheiro automatizado de potenciais clientes cuxo responsable é a SOCIEDADE, no caso de que o Usuario non sexa cliente de ningunha das empresas comercializadoras pertencentes á devandita SOCIEDADE, e
ii) nun ficheiro automatizado de clientes cuxo responsable é a empresa comercializadora da SOCIEDADE (NATURGY IBERIA, S.A. ou COMERCIALIZADORA REGULADA GAS & POWER, S.A., en función da entidade da que sexa cliente o Usuario). Ambas as dúas sociedades con domicilio en Avenida de América, 38 28028 Madrid.
O Usuario queda igualmente informado sobre a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación vixente, dirixindo a súa petición á entidade responsable do ficheiro, por correo postal a Servicio de Atención al Cliente, Plaça del Gas n.º 1, 08003, Barcelona, coa referencia “Solicitud Protección de datos” ou por correo electrónico ao enderezo clientesarco@naturgy.com ou clientesreguladoarco@comercializadoraregulada.es (en función da entidade da que sexa cliente o Usuario) e achegando unha copia do documento que acredite a súa identidade (DNI/NIE) ou a través da ÁREA CLIENTES dende a sección de “Os meus datos”.
2. O feito de que o Usuario non complete todos os campos que aparecen como obrigatorios no formulario de rexistro de ÁREA CLIENTES pode impedir que se lle dea de alta como Usuario na ÁREA CLIENTES, de tal xeito que non podería acceder aos produtos e servizos que se ofrecen nel, sen prexuízo de que puidese proseguir coa súa navegación polo portal público.
3. A subscrición á ÁREA CLIENTES de Naturgy levará consigo a subscrición á Factura Online. A partir da subscrición, as facturas remitiranse ao correo electrónico informado para a subscrición á ÁREA CLIENTES. En caso de querer continuar coa remisión en papel, poderase solicitar por teléfono ou directamente na ÁREA CLIENTES.
4. O Usuario comprométese e está na obriga de comunicar de forma inmediata ao Responsable do ficheiro calquera modificación dos seus datos de carácter persoal co fin de que a información contida nos seus ficheiros estea en todo momento actualizada e non conteña erros.
5. Así mesmo, infórmase o Usuario que a finalidade do tratamento automatizado a que van ser sometidos os seus datos é:
(i) manter e cumprir coa relación de negocio ou comunicación que inicie co Responsable do ficheiro mediante a contratación ou uso dos produtos e servizos que neste se lle ofrecen, ou se lle poidan ofrecer no futuro, relacionados coa subministración e consumo de enerxía, telecomunicacións, Internet, servizos financeiros e de seguros, asistencia sanitaria e en estrada, e de equipamento e asistencia no fogar e nas empresas; actividades de lecer, ou para a realización de prospeccións comerciais relacionadas co sector enerxético;
(ii) facilitarlle información e remitirlle, por calquera medio, comunicacións comerciais sobre os devanditos produtos e servizos ou aqueles que paulatinamente se vaian incorporando á ÁREA CLIENTES, e
(iii) o coñecemento das súas preferencias co propósito de adecuar as ofertas dos nosos produtos e servizos aos seus intereses e necesidades particulares. Para tal efecto, o noso servidor enviará ao seu ordenador un ficheiro ("cookie") que, coa información que nos facilitará sobre as páxinas que visite a través de www.areaprivada.naturgy.es e as doutras webs da SOCIEDADE, nos permitirá coñecer os seus hábitos de navegación como Usuario e personalizar, deste xeito, as súas preferencias para facilitar a navegación a través das nosas webs. En calquera caso, o Usuario ten a posibilidade de configurar o seu ordenador de forma que este rexeite a instalación das devanditas "cookies".
6. Dado que as empresas comercializadoras da SOCIEDADE teñen intención de remitir aos seus Usuarios comunicacións comerciais por medios electrónicos, en cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (en diante, LSSI), mediante a aceptación deste Aviso Legal, o Usuario autoriza expresamente as empresas comercializadoras da SOCIEDADE a remitirlle comunicacións promocionais ou publicitarias por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente.
7. De igual modo, mediante a aceptación deste aviso legal, o Usuario, cliente dalgunha das empresas comercializadoras da SOCIEDADE, acepta que se cedan os seus datos neste acto á entidade NATURGY IBERIA, S.A., con sede en Avenida de América, 38 28028 Madrid, coa finalidade de poder remitirlle, por calquera medio, comunicacións comerciais, relacionadas coa subministración e consumo de enerxía, telecomunicacións, Internet, servizos financeiros e de seguros, asistencia sanitaria e en estrada, e de equipamento e asistencia no fogar e nas empresas; actividades de lecer, ou para a realización de prospeccións comerciais relacionadas co sector enerxético
8. Se o Usuario non desexa que os seus datos sexan comunicados conforme ao indicado no parágrafo 6 anterior, e/ou o seu desexo de non recibir comunicacións comerciais (publicitarias ou promocionais), pode comunicar gratuitamente a súa decisión a través dos métodos indicados no parágrafo 1 anterior. A aceptación do Usuario para que poidan ser tratados ou comunicados os seus datos, na forma establecida nos parágrafos anteriores, ten sempre carácter revogable, sen efectos retroactivos, conforme ao que dispoñen os artigos 6 e 11 da LOPD e 22.2 da LSSI.
9. As empresas comercializadoras da SOCIEDADE comprométense a tratar de forma absolutamente confidencial os datos de carácter persoal do Usuario, facendo uso destes exclusivamente para as finalidades indicadas no parágrafo cuarto anterior. A SOCIEDADE ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso de conformidade co previsto no artigo 9 LOPD e no Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro.
II. EMPRESAS COMERCIALIZADORAS DE NATURGY ENERGY GROUP S.A.
1. Para que o Usuario poida contratar ou xestionar os produtos e servizos que as súas compañías comercializadoras de enerxía, da SOCIEDADE, ofrece aos seus clientes a través dos seus Portais, deberá previamente CERTIFICARSE como cliente da devandita compañía comercializadora (NATURGY IBERIA, S.A. ou COMERCIALIZADORA REGULADA GAS & POWER, S.A.) coa que ten contratado o servizo e seranlle requiridos pola devandita Compañía datos relacionados co seu contrato. Os devanditos datos de carácter persoal, e aqueles que no futuro poida facilitar, serán incorporados a un ficheiro automatizado cuxo responsable é a Compañía comercializadora do servizo coa que o Usuario contratou, podendo exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos establecidos na lexislación vixente, dirixindo a súa petición a NATURGY ou COMERCIALIZADORA REGULADA (segundo de cal sexa cliente), Departamento de Servicio al Cliente, con domicilio en Plaça del Gas n.º 1, 08003, Barcelona, coa referencia "Protección de Datos" ou a través da ÁREA CLIENTES dende a sección de "Os meus datos".2. A finalidade do tratamento automatizado ao que van ser sometidos os datos de carácter persoal dos Clientes das distintas Compañías comercializadoras da SOCIEDADE é a mesma que se indicou no parágrafo 4 do Apartado I anterior, pero en relación cos bens e servizos propios de cada unha delas ou que no futuro poida comercializar e, en especial, aos relacionados coa subministración e consumo de enerxía, telecomunicacións, Internet, servizos financeiros e de seguros, asistencia sanitaria e en estrada, e de equipamento e asistencia no fogar e as empresas; actividades de ocio ou para a realización de prospeccións comerciais relacionadas co sector enerxético.
3. Igualmente será de aplicación o indicado nos parágrafos 6 a 9 do Apartado I.