Nos momentos difíciles, poñémoscho algo máis doado
Nos momentos difíciles, poñémoscho algo máis doado
Como podemos axudarte?
Dende Naturgy queremos botarche unha man
Nestes momentos complicados decidimos poñer todo o noso empeño en lograr que o teu día a día sexa un pouco máis doado. Por iso, decidimos ampliar a cobertura dos servizos que tes contratados.
Videoasistencia médica
Ofrecemos un servizo de videochamada médica sen custo.
Necesitas unha consulta médica?
Por ser cliente Naturgy e estar rexistrado na nosa Área Clientes e Factura Online, dispós do servizo de asistencia médica cando o necesites sen saíres da casa.
Aprazamento de facturas por Real decreto
Apraza as facturas de luz e gas (Real decreto 11/2020)
Enche agora o formulario de adhesión!
Verifica que tes o teu contrato de luz ou gas con Comercializadora Regulada, Gas & Power S.A. para solicitar o aprazamento.
EasyProveedores
Pagamento ao contado dos servizos realizados por provedores pemes e autónomos
Avanzaremos o pagamento das facturas
Naturgy avanzará o pagamento das facturas ás pemes e autónomos provedores na operativa da compañía en España para as facturas correspondentes ao segundo trimestre deste ano, que pasarán a aboarse ao contado. O obxectivo da medida é mitigar o impacto económico que a actual situación sanitaria en España está a ter no día a día destes provedores, así como reforzar a súa liquidez nestes momentos.
Vulnerables
Garantimos a subministración enerxética aos máis vulnerables
Nos momentos difíciles, estamos aquí
Proporcionamos protección ás persoas que viven nunha situación de vulnerabilidade. A aqueles fogares nos que se encontran con menos recursos e menos posibilidades económicas. Estamos ao teu lado para axudarte nestes momentos de excepcionalidade nos que debemos unirnos e botar unha man a aqueles que máis o necesiten.
Real Decreto
Cambio de potencia segundo o Real Decreto
Queres cambiar a túa potencia?
Atenderanse cambios de potencia aínda que transcorrese menos de 1 ano desde o último cambio para Autónomos e Pemes. En 3 meses desde a finalización de estado de alarma o consumidor poderá volver adecuar o seu contrato ou solicitar a súa reactivación.
Real Decreto
Cesamento da subministración segundo o Real Decreto
Cesamento temporal polo estado de alarma!
Conforme art.42 e 43 da Real Decreto Lei 11/2020 publicado no BOE-nº 91 de data 1 de abril de 2020: En calquera momento durante o período de Alarma os clientes Autónomos ou Pemes, poderán suspender temporalmente os seus contratos de subministración eléctrica.
Adaptación do Servizo Atendendo ás instrucións do plan de alerta nacional, Naturgy pechou as tendas e suspendeu temporalmente as visitas preventivas de mantemento. |