Prezo fixo durante 12 meses
Esta tarifa é a mellor alternativa para evitar os cambios de prezo nas túas facturas.
Con esta tarifa coñecerás o prezo fixo de luz que vas pagar durante os próximos 12 meses e poderás prever mellor o teu gasto.
Esta é a oferta alternativa do mercado regulado na que, durante un ano, o custo da enerxía é un prezo fixo. Así, o prezo do kWh das túas facturas será sempre o mesmo, evitando a volatilidade do PVPC, e facendo que o importe das túas facturas dependa soamente do consumo que realices e non das variacións do prezo que se rexistran diariamente no mercado eléctrico.
É unha tarifa dispoñible para todos os usuarios con potencia inferior a 10 kW. É a mellor opción para ter un prezo estable da enerxía.
Contrata a modalidade de tarifa con discriminación horaria (ATR 2.0DHA), xa que é a que che ofrece un mellor prezo co que poderás aforrar aínda máis na túa factura. Sexa cal for o teu tramo horario de consumo, con esta modalidade terás un mellor prezo para todos os tramos horarios do día.
Tarifa regulada de luz 2.0DHA
• Prezo estable da luz durante 12 meses.
• Se tes unha potencia inferior a 10 kW en baixa tensión.
Preguntas frecuentes
-
Que é o Prezo Fixo a 12 meses?
As Comercializadoras de Referencia están obrigadas a realizar unha oferta alternativa ao PVPC consistente nun prezo fixo anual para aqueles consumidores con dereito a acollerse ao PVPC e que expresamente opten a ela.
Cada Comercializadora de Referencia terá unha única oferta de prezo fixo, vixente durante un mes e aplicable durante 1 ano dende a contratación.
Estas ofertas están publicadas na web da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia dende o 5 de abril.
Contrata Prezo Fixo agora.
-
Que inclúe a oferta de Prezo Fixo a 12 meses?
O Prezo Fixo a 12 meses inclúe:
- Os prezos das peaxes de acceso e, cando proceda, os cargos e outros custos que sexan de aplicación á subministración, que se publiquen no BOE en cada momento. Estes prezos poderán ser obxecto de revisión de acordo coa normativa que corresponda.
- Un prezo polo resto do custo da subministración eléctrica que será fixa durante todo o período anual de vixencia do contrato. Este prezo poderá ser obxecto de revisión transcorrido o prazo dun ano dende a formalización do contrato de acordo á oferta en vigor en cada momento.
-
Se teño Bono Social, podo acollerme ao Prezo Fixo a 12 meses?
Os consumidores vulnerables con dereito ao desconto por Bono Social non poden acollerse ao Prezo Fixo anual sen perder a bonificación do Bono Social. Os clientes transitorios tampouco se poderán acoller ao Prezo Fixo a 12 meses.
Contrata Prezo Fixo agora.
-
Mesmo prezo do kWh
Prezo fixo durante 12 meses -
Discriminación horaria
O mellor prezo en todos os tramos de consumo -
Experto en luz e gas
Máis de 175 anos de experiencia
Modalidade 2.0A
Tamén tes a opción de contratar a tarifa de ATR 2.0A.
Esta tarifa ten un custo algo máis elevado que o de ATR 2.0DHA para todo o período completo de 24 h, pero é a modalidade que tes se queres manter a túa tarifa 2.0A.
Prezo Fixo 12 meses
Tarifa regulada de luz 2.0A