É un servizo de asistencia ao fogar no que facilitamos un profesional cualificado para atender as túas urxencias de cerrallaría, fontanaría e cristalaría, unha conexión con profesionais que poden axudarche na túa vivenda, así como asistencia telefónica para solucionar problemas informáticos, consultas médicas, consultas xurídico-legais ou de xestoría, así como a tramitación gratis dunha multa de tráfico ao ano. Ademais, poñémoscho doado coas 3 horas do teu mañoso do fogar para instalar o teu moble ou colgar o cadro que che gusta.
En reparacións urxentes, acudimos ao teu fogar en menos de 3 horas, e estamos dispoñibles as 24 h, os 365 días do ano. Desprazamento e 3 horas de man de obra incluídos. Garantía de 6 meses en todas as túas reparacións.