Image

Prórroga da Tarifa de Último recurso de gas para comunidades de propietarios

Prórroga da Tarifa de Último recurso de gas para comunidades de propietarios

Encontra aquí toda a información importante do Real decreto-lei 4/2024, do 26 de xuño.

Preguntas Frecuentes

Preguntas Frecuentes

Segundo o Real decreto-lei 4/2024, publicado o 26 de xuño de 2024, poden acollerse as Comunidades de propietarios de vivendas de uso residencial e agrupacións delas, constituídas conforme os artigos 5 e 24 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal) e os edificios de titularidade pública destinados a vivendas de uso residencial e edificios de padroados ou de organizacións sen ánimo de lucro destinados ao mesmo uso. Deberán cumprir as seguintes condicións:
 

  1. Dispoñer de contadores individuais de calefacción ou repartidores de custos de calefacción, salvo que se atopen eximidas desta obriga por inviabilidade técnica nos termos establecidos no punto a) do anexo I do Real decreto 736/2020, do 4 de agosto, polo que se regula a contabilización de consumos individuais en instalacións térmicas de edificios.

  2. Ter realizada en prazo, con resultado positivo, a inspección de eficiencia enerxética, conforme o artigo 31 do Real Decreto 1027/2007.

Se a túa comunidade de propietarios a 30 de xuño do 2024 estaba acollida á tarifa TUR para comunidades de propietarios, a prórroga faise de forma automática.

As comunidades, que se acollesen á disposición adicional terceira da Orde TED/1072/2023, do 26 de setembro (presentasen a declaración responsable indicando dificultades de natureza técnica ou administrativa que impedía a instalación de repartidores de custo ou contadores de calefacción), disporán ata o 30 de setembro de 2024, incluído, para instalar os mencionados equipos.

Se a túa comunidade de propietarios está actualmente no mercado libre podes contratar a TUR para comunidade de propietarios sempre que cumpras os requisitos da pregunta anterior

Así mesmo, só as comunidades de propietarios que durante o ano 2024 estivesen acollidas á tarifa de último recurso de gas natural aplicable temporalmente ás comunidades de propietarios, que asinasen un novo contrato de subministración cunha comercializadora libre, con entrada en vigor despois do 30 de abril de 2024 e que nun prazo de 30 días naturais desde o 27 de xuño do 2024 se acollan á tarifa de último recurso, poderán rescindir o seu contrato actual sen penalización.

Podes consultar a listaxe de comercializadoras do mercado libre na web da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (https://sede.cnmc.gob.es/listado/censo/4)

Para contratar a tarifa de último recurso para comunidades de propietarios con Comercializadora Regulada Gas & Power, S.A. podes chamarnos ao  900 907 395  ou cubrir este formulario sempre que cumpras as condicións da primeira cuestión.

As tarifas, antes de impostos, de aplicación desde o día 1 de outubro do 2024 para os chanzos de peaxes de RL4 a RL11 son as seguintes:

 Tarifa
 Término fixo (€ / cliente) / mesTérmino variable - Cent/kWh
Consumo superior a 50.000 kWh/ano e inferior ou igual a 300.000 kWh/ano.36,254,700160
Consumo superior a 300.000 kWh/ano e inferior ou igual a 1.500.000 kWh/ano.145,684,669873
Consumo superior a 1.500.000 kWh/ano e inferior ou igual a 5.000.000 kWh/ano.783,104,055293
Consumo superior a 5.000.000 kWh/ano e inferior ou igual a 15.000.000 kWh/ano.2.645,033,559468
Consumo superior a 15.000.000 kWh/ano e inferior ou igual a 50.000.000 kWh/ano.4.294,253,524393
Consumo superior a 50.000.000 kWh/ano e inferior ou igual a 150.000.000 kWh/ano.6.788,783,500095
Consumo superior a 150.000.000 kWh/ano e inferior ou igual a 500.000.000 kWh/ano.18.679,573,490030
Consumo superior a 500.000.000 kWh/ano.128.884,983,457598

Formulario de consulta

Formulario de consulta

Formulario de contacto

*Podes escribir máximo 300 caracteres.

*Podes escribir máximo 300 caracteres.

*Campo obrigatorio

Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos de contacto do representante da Comunidade de Propietarios solicitados neste formulario serán tratados por Comercializadora Regulada Gas & Power, S.A., na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de manter unha relación profesional coa Comunidade de Propietarios á que representa.

Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os seus datos, limitar e opoñerse ao tratamento, á portabilidade dos seus datos, así como a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas, como se explica na nosa  Política de privacidade, onde atopará información adicional e detallada sobre Protección de Datos.