O bono social é un desconto aplicado polas comercializadoras de referencia aos clientes que teñan a consideración de consumidor vulnerable. Actualmente existen tres tipos de Bono Social: o Bono Social Eléctrico, con desconto na factura de electricidade para consumidores vulnerables, o Bono Social Vulnerabilidade Económica, para colectivos en situación de vulnerabilidade económica, e o Bono Social Térmico, con axudas para os consumidores vulnerables que dispoñan de Bono Social Eléctrico, destinadas a calefacción, auga quente sanitaria ou cociña.
Bono Social Eléctrico
Con desconto na factura de electricidade para consumidores vulnerables.
Bono Social Vulnerabilidade Económica
Manda a túa solicitude ao correo electrónico bonosocial@comercializadoraregulada.es.A súa vixencia é ata o 30/06/2021.
Bono Social Térmico
Axudas para os consumidores vulnerables que dispoñan de Bono Social Eléctrico, destinadas a calefacción, auga quente sanitaria ou cociña.
Bono Social Eléctrico
O bono social eléctrico é un mecanismo de desconto na factura eléctrica, fixado polo Goberno, co fin de protexer a determinados colectivos de consumidores económica ou socialmente máis vulnerables.
O Real decreto 897/2017 do 6 de outubro de 2017, inclúe todas as condicións e criterios socioeconómicos necesarios para acceder a este Bono Social. Recentemente saíu publicada unha disposición adicional, Real decreto 15/2018, do 6 de outubro, que amplía e mellora as condicións indicadas no RD 897.
Encontrarás máis información na sección de preguntas frecuentes de bono social.
Descarga o impreso de solicitude/renovación do bono social eléctrico
Para quen?
Pensionistas | Familia numerosa | Renda Unidades familiares | |||
Sen menores | 1 menor | 2 menores | |||
Límite de consumo anual con desconto | 1.932 kWh | 4.140 kWh | 1.380 kWh | 1.932 kWh | 2.346 kWh |
Vulnerable 25% desconto |
Pensión mínima + ata 500 € outros ingresos | Sen requisitos de renda | 1,5 IPREM = 11.279 € 2 IPREMCE = 15.039 € |
2 IPREM = 15.039 € 2,5 IPREMCE = 18.799 € |
2,5 IPREM = 18.799 € 3 IPREMCE = 22.559 € |
Vulnerable severo 40% desconto |
1 IPREM = 7.520 € | 2 IPREM = 15.039 € | 0,75 IPREM = 5.640 € 1 IPREMCE = 7.520 € |
1 IPREM = 7.520 € 1,25 IPREMCE = 9.340 € |
1,25 IPREM 1,5 IPREMCE = 11.279 € |
En risco de exclusión social | Se o beneficiario cumpre requisitos de vulnerable severo e, ademais, os servizos sociais sufragan, polo menos, a metade do importe da factura eléctrica, non terán que facer fronte ao pagamento. |
Pensionistas
- Límite de consumo anual con desconto: 1.932 kWh
- Vulnerable (25% desconto): Pensión mínima + ata 500 € outros ingresos
- Vulnerable severo (40% desconto): 1 IPREM = 7.520 €
- En risco de exclusión social: se o beneficiario cumpre requisitos de vulnerable severo e, ademais, os servizos sociais sufragan, polo menos, a metade do importe da factura eléctrica, non terá que facer fronte ao pagamento.
Familia numerosa
- Límite de consumo anual con desconto: 4.140 kWh
- Vulnerable (25% desconto): Sen requisitos de renda
- Vulnerable severo (40% desconto): 2 IPREM = 15.039 €
- En risco de exclusión social: se o beneficiario cumpre requisitos de vulnerable severo e, ademais, os servizos sociais sufragan, polo menos, a metade do importe da factura eléctrica, non terá que facer fronte ao pagamento.
Renda unidades familiares: sen menores
- Límite de consumo anual con desconto: 1.380 kWh
- Vulnerable (25% desconto):
- 1,5 IPREM = 11.279 €
- 2 IPREMCE = 15.039 €
- Vulnerable severo (40% desconto):
- 0,75 IPREM = 5.640 €
- 1 IPREMCE = 7.520 €
- En risco de exclusión social: se o beneficiario cumpre requisitos de vulnerable severo e, ademais, os servizos sociais sufragan, polo menos, a metade do importe da factura eléctrica, non terá que facer fronte ao pagamento.
Renda unidades familiares: 1 menor
- Límite de consumo anual con desconto: 1.932 kWh
- Vulnerable (25% desconto):
- 2 IPREM = 15.039 €
- 2,5 IPREMCE = 18.799 €
- Vulnerable severo (40% desconto):
- 1 IPREM = 7.520 €
- 1,25 IPREMCE = 9.340 €
- En risco de exclusión social: se o beneficiario cumpre requisitos de vulnerable severo e, ademais, os servizos sociais sufragan, polo menos, a metade do importe da factura eléctrica, non terá que facer fronte ao pagamento.
Renda unidades familiares: 2 menores
- Límite de consumo anual con desconto: 2.342 kWh
- Vulnerable (25% desconto):
- 2,5 IPREM = 18.799 €
- 3 IPREMCE = 22.559 €
- Vulnerable severo (40% desconto):
- 1,25 IPREM
- 1,5 IPREMCE = 11.279 €
- En risco de exclusión social: se o beneficiario cumpre requisitos de vulnerable severo e, ademais, os servizos sociais sufragan, polo menos, a metade do importe da factura eléctrica, non terá que facer fronte ao pagamento.
(CE) Circunstancias especiais: requisito de renda máxima da unidade familiar increméntase en 0,5 IPREM: familia monoparental con polo menos un menor a cargo, discapacidade igual ou superior a 33%, grao de dependencia II ou III, vítima de terrorismo ou vítima de violencia de xénero.
Que documentación se necesita para solicitar o Bono Social?
Tipo de Bono Social | NIF ou NIE (>14 anos) | Empadroamento | Libro de familia ou folla individual do Rexistro Civil | Carné de Familia Numerosa |
Pensionista | X | X | X | |
Renda | X | X | X | |
Familia numerosa | X | X | X | X |
Tipo de bono social: Pensionista
- NIF: SI
- Empadroamento: SI
- Libro de familia ou folla individual do Rexistro Civil: SI
- Carné de Familia Numerosa: NON
Tipo de bono social: Renda
- NIF: SI
- Empadroamento: SI
- Libro de familia ou folla individual do Rexistro Civil: SI
- Carné de Familia Numerosa: NON
Tipo de bono social: Familia numerosa
- NIF: SI
- Empadroamento: SI
- Libro de familia ou folla individual do Rexistro Civil: SI
- Carné de Familia Numerosa: SI
Solicita/Renova o teu desconto
Para solicitar ou renovar un Bono Social, podes elixir a comercializadora de referencia que prefiras.
Enche e envía o impreso por algunha das vías:
Onde solicitar ou renovar o Bono Social?
Correo postal Comercializadora Regulada |
Teléfono Fax 93 271 19 90 |
bonosocial@comercializadoraregulada.es
|
Solicita o teu desconto
Para solicitar un Bono Social Vulnerabilidade Económica podes elixir a comercializadora de referencia que prefiras.
Enche e envía o impreso por correo electrónico: