PVPC
Tarifa regulada de luz
Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC)
O PVPC é o mecanismo de fixación de prezos establecido pola Administración dende o 1 de abril de 2014.
Con este método, o prezo da electricidade calcúlase para cada hora de cada día en función do mercado diario da enerxía.
Como cliente do PVPC, a forma de facturación variará segundo dispoñas ou non dun contador intelixente telexestionado na túa instalación:
- Se xa tes un contador intelixente, como xa dispoñemos da túa información de consumo por cada hora, facturarase a enerxía segundo o teu consumo horario co prezo rexistrado cada hora e día no mercado de enerxía.
- Se non dispós de contador intelixente, como non dispoñemos do teu consumo horario, facturarase sobre a base do consumo medio que se publica e actualiza de forma recorrente por Red Eléctrica de España (REE).
PVPC
Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor
• O prezo da enerxía varía cada día e cada hora.
• Para coñecer os prezos, consulta diariamente Red Eléctrica de España (REE).
Oferta alternativa ao PVPC
Se queres seguir no mercado regulado e buscas unha tarifa regulada que che ofreza un prezo estable para non sufrir na túa factura estas oscilacións de prezo, que se rexistran cada día e cada hora no mercado da enerxía, existe unha tarifa regulada de luz a prezo fixo.
Esta tarifa regulada de prezo fixo permitirache controlar o prezo do custo da enerxía que consumes durante todo o ano.
Asegúrate do prezo que vas pagar na túa factura coa tarifa regulada de prezo fixo. Descúbrea aquí.
Esta tarifa regulada de prezo fixo permitirache controlar o prezo do custo da enerxía que consumes durante todo o ano.
Asegúrate do prezo que vas pagar na túa factura coa tarifa regulada de prezo fixo. Descúbrea aquí.