En cumprimento do art.o 53 do RD 413/2014, de 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, Comercializadora Regulada Gas & Power, S.A., (en diante CR G&P), exerce de representante de referencia, en nome propio e por conta allea, daquelas instalacións que se conecten na rede da zona de distribución de UFD Distribución de Electricidade SA, en tanto non comuniquen a súa intención de operar directamente no mercado ou a través doutro representante.
CR G&P exerce igualmente de representante de referencia, daquelas instalacións que pertenzan a unha zona de distribución, onde non exista comercializador de referencia pertencente ao grupo empresarial propietario da rede, e do que UFD Distribución de Electricidade S.A., sexa o seu distribuidor de augas arriba.