Contámosche como poñer a punto a túa caldeira
Coa chegada do frío, volve ser a protagonista da casa. Así que é o momento de preparar a túa caldeira.
Pon a punto a túa caldeira en menos dun minuto
Pon a punto a túa caldeira en menos dun minuto
Uxía, a nosa especialista en caldeiras, explícache paso a paso como poñer a punto a túa antes de que chegue o frío
E se o prefires por escrito...
E se o prefires por escrito...
1. Comproba que a caldeira estea enchufada.
2. Agora comproba que a chave de paso estea aberta.
3. Revisa o modo da caldeira, ten que estar en modo calefacción/inverno.
4. Mira que o indicador de presión estea entre 1 e 1,5 bares.
5. Se está máis baixa, abre suavemente a chave de enchido e péchaa ao chegar á presión indicada.
Prepara tamén os radiadores, explicámosche como:
Prepara tamén os radiadores, explicámosche como:
1. Revisa a túa caldeira, debe estar en modo “calefacción/inverno”.
2. Coloca un recipiente debaixo do parafuso de evacuación.
3. Cun desaparafusador ou unha moeda, xira o parafuso de evacuación do radiador. Péchao cando só saia auga.
4. Comproba que a presión da caldeira está entre 1 e 1,5 bares.
Sigue estes consellos para mellorar a eficiencia enerxética do fogar
Sigue estes consellos para mellorar a eficiencia enerxética do fogar
Axusta a temperatura
Durante o día, entre 19 ºC e 21 ºC e durante a noite, entre 15 ºC e 17 ºC.
Cada grao conta
Cada grao que incrementes a temperatura aumentará un 7 % o teu gasto enerxético.
Pecha as portas
En caso de ter algún cuarto baleiro, mantén o radiador e a porta pechada.