Cambio de potencia de luz segundo o Real decreto
Conforme o art. 42 do Real decreto lei 11/2020, publicado no BOE n.º 91, de data 1 de abril de 2020, atenderanse cambios de potencia con independencia de que transcorrese menos de 1 ano dende o último cambio para autónomos e pemes.
Para volver solicitar a potencia anterior:
Una vez finalizado o estado de alarma, e durante o período de tres meses, a primeira solicitude de modificación do contrato quedará amparada polo establecido no Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo. As modificacións posteriores que, se é o caso, se realicen, rexeranse pola normativa sectorial xeral.
Si se asumirá por parte do consumidor:
a) os pagamentos por dereitos de extensión por incrementos de potencia contratada por enriba do limiar contratado antes do inicio do estado de alarma,
b) os pagamentos por supervisión de instalacións cedidas, se é o caso, e,
c) no caso de que resultase necesario o cambio dos equipos de medida, o pagamento de actuacións sobre os equipos de control e medida
Así mesmo, tampouco se esixirá para as instalacións cuxa antigüidade sexa superior a 20 anos o boletín da instalación se a modificación da potencia non supera o limiar.