1615651911374

1615652113440

null

Abre a Listaxe FAQs

Abre a Listaxe FAQs

CORegulada

Abre a Listaxe FAQs

img

Facturas

img

Contratos

img

Produtos

img

Bono Social

img

Altas de subministracións

img

Información Útil

Por que varía o importe da miña factura?

A continuación, presentámosche motivos polos que a túa factura pode ter cambios:

  • Actualización dos prezos de enerxía

No mercado regulado, para luz, a tarifa PVPC ten un mecanismo de fixación de prezos establecido pola Administración dende o 1 de abril de 2014. Con este método, o prezo da electricidade calcúlase para cada hora de cada día en función do mercado diario da enerxía.

No caso do gas, a Administración establece as Tarifas de Último Recurso (TUR), cuxo prezo fixa actualizándoo de forma trimestral se o custo do gas varía á alza ou á baixa máis dun 2 %.

Adicionalmente ao custo da enerxía, e para ambas as dúas enerxías, o Goberno inclúe conceptos regulados nas tarifas, tanto no termo variable de consumo coma no termo fixo e pode decidir cambialos en calquera momento, tanto á alza como á baixa.

 
  • Cambios no teu contrato

Se cambiaches a potencia eléctrica, é posible que no importe da próxima factura xa vexas reflectido este cambio.

O que pagas por estar conectado á rede, é dicir a tarifa de acceso, non cambiará en electricidade se tes igual ou menos de 10 kW de potencia instalada, pero en gas si que podes ter cambios na tarifa de acceso segundo o teu consumo. Un cambio de tarifa de acceso de gas pode supoñer un axuste no importe da túa factura. Consulta a túa tarifa de acceso no reverso da túa factura .

 
  • Tipo de lectura coa que te facturamos

O primeiro a validar é o tipo de lectura, que poderás ver no apartado As túas últimas lecturas e consumo da túa factura . A lectura chamada “real” recolle o consumo exacto que indica o teu contador, tanto en luz coma en gas.

En luz a lectura é real en practicamente todos os casos porque se poden ler os contadores a distancia. Deste xeito as empresas distribuidoras, que son as encargadas de tomar as lecturas, poden acceder a ese dato doadamente. Esta información nola envían para así poder emitir a factura.

Porén, no caso do gas, este proceso non é tan sinxelo porque os contadores non se poden ler a distancia, así que a lectura pode ser de diferente tipo. Pode que a túa factura indique lectura “facilitada” ou lectura estimada  .

 
  • Período de facturación

Se a túa factura recolle un período máis longo do habitual é posible que aumente o seu importe, posto que se facturaron máis días de consumo.

Lembra que cada enerxía ten o seu período de facturación e que este está indicado na túa factura debaixo do nome do produto.

 
  • Un concepto extraordinario

Revisa se se incluíu algún concepto “novo” na túa factura de xeito puntual, como pode ser:

  • Inspección obrigatoria das instalacións: cada 5 anos a distribuidora de gas da túa zona é responsable da Inspección Periódica das instalacións de gas , cobrando os custos que correspondan a través da factura.

  • Cotas dun pagamento adiado: o cobramento dalgún prazo adiado pode facer incrementar a túa factura de forma puntual.

  • Cobramento dunha visita da distribuidora: como por exemplo resultado do cambio ou a reapertura de contador, a instalación do interruptor de control de potencia (ICP), etc.

 
  • Un novo servizo

Lembra que, se recentemente contrataches algún servizo (Cuidagas, Cuida Luz, Cuidahogar) coa Comercializadora Regulada, cobrarémoscho en cotas na túa factura de enerxía para facilitarche o pagamento.

 
  • Novos hábitos de consumo

Por suposto, cambiar os hábitos de consumo, como a chegada dun novo membro á familia, pasar máis tempo na casa ou comprar ou substituír un electrodoméstico, tamén poden causar variacións na factura.

Se queres máis información sobre as túas facturas entra en Área Clientes ou dende a App Comercializadora Regulada.

Preguntas e xestións relacionadas

rgpdactive true

IDSFACTURA - 1477689799017,1477689799461,1477700932994,1477701235553,1477701236317,1477703987389,1477708270848,1477708268853,1477708348428,1477708347818,147771399324,14777474232907,1477713993247,1615611322387,1615621302314

IDSPAGE - 1477701422586

argssite - CORegulada