Como cambiar de comercializadora de luz?
Traer o teu contrato de luz que tes noutra comercializadora á Comercializadora Regulada, é sinxelo. Non implica ningún corte de subministración, nin custo.
Se o contrato actual está a nome doutro titular, non importa porque podes contratar e indicar que haberá un novo titular. Non é imprescindible, pero se tes unha factura recente á man axudarache a verificar algún dato.
A continuación, explicámosche os pasos que levarás a cabo.
-
1. Selección de tarifa
Selecciona a tarifa de luz PVPC.
-
2. Contrata a subministración
Inicia a contratación da tarifa PVPC chamando ao teléfono 900 907 394. Pedirémosche os seguintes datos:
- NIF/NIE/Pasaporte do cliente
- Datos bancarios para a domiciliación dos teus recibos
- Enderezo da subministración
- Código CUPS
-
3. Realizamos o cambio
Informamos á distribuidora da túa zona do cambio de comercializadora.
Será a túa distribuidora quen informará a túa actual comercializadora para que dea de baixa o teu contrato actual. Ti non tes que pedir a baixa.
-
4. Benvido á Comercializadora Regulada Gas&Power
Dende que contratas, non adoita demorar máis de 5 días en activarse o teu contrato. Comezamos a facturar a túa enerxía sobre a base da tarifa PVPC, dende o fin do teu contrato anterior (sen cortes de subministración).
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!