Abre a Listaxe FAQs

En que momento debo dar a lectura de gas?

Para que a distribuidora teña en conta a túa lectura, debe recibila entre uns días determinados.

Na túa Área Cliente ou dende a App Comercializadora Regulada tes informado o prazo en que podes dar a lectura do teu contador e a opción de informala.

Tes ademais á túa disposición a función de aviso de lectura, que fará que recibas un correo electrónico de inicio de prazo de entrega de lectura. Activa esta opción se queres recibilo.

Facturaremos coa lectura que nos proporcione a distribuidora, que podería ser distinta á que ti facilites , se a túa lectura queda fóra de prazo ou non superou algunha das súas validacións.

As posibles diferenzas, tanto á alza como á baixa, corrixiranse coa túa seguinte lectura real, que fará directamente a distribuidora ou podes facilitar ti mesmo de novo.