Preguntas e xestións frecuentes
Preguntas e xestións frecuentes
As consultas máis comúns dos nosos clientes
Abre a Listaxe FAQs
Facturas
Acerca das miñas facturas
Factura online
Lectura de gas
Consumos facturados
Pagamentos
Outros
Contratos
Acceso a contratos
Datos do contrato
Cambio de titular
Produtos
Tarifa de Luz PVPC
Servizo de mantemento
Baixa de enerxía ou servizos
Baixa por fin de subministración
Bono Social
Bono Social Eléctrico
Alta novas subministracións
Alta de Luz
Alta de Gas
Tarifas de Luz
Tarifas de gas
Servizos de mantemento
Información Útil
Consellos de seguridade
Mercado regulado e mercado libre
Inspección periódica
Urxencias
Que é a inspección obrigatoria de gas?
A Inspección Periódica (IP) de gas é unha inspección obrigatoria por lei, responsabilidade das distribuidoras de gas, que se realiza cada 5 anos de acordo co Regulamento de inspeccións térmicas de edificios e a túa distribuidora avisarate cando che toque. Serve para comprobar que a instalación cumpre os requisitos técnicos e as condicións regulamentarias de seguridade. Esta inspección tense que facer sempre, aínda que teñas contratado un servizo de mantemento con visita preventiva anual.
Hai dúas Inspeccións Periódicas obrigatorias: a da IRI (Instalación Receptora Individual) e a da IRC (Instalación Receptora Común).
- A inspección periódica da IRI inclúe a revisión da instalación no domicilio e require unha visita, mentres que a da IRC só require unha visita nas zonas comúns do edificio para revisar a instalación de gas que pasa por elas. Non sempre se fan á vez e recibirás aviso por ambas as dúas, aínda que na segunda non participes directamente. No caso das casas unifamiliares só hai IRC (non hai IRI).
- Se tes contratado connosco o servizo de mantemento CuidaGas, incluiremos a IP da instalación da túa vivenda (a IRI) na revisión anual do ano que che corresponda sen custo adicional, sen que ti teñas que preocuparte por nada.
- Se non tes contratado o mantemento preventivo connosco, a túa distribuidora é a responsable da IP, pero ti podes escoller con quen facela mentres sexa cun instalador de gas homologado. A distribuidora ten uns prezos fixados pola administración, mentres que se a fas cun instalador o prezo será o que pactedes; unha vez teña feita a IP, el comunicará o resultado á distribuidora. Non obstante, lembra que a distribuidora sempre che cobrará un importe mínimo de gastos de xestión de IP por estes trámites a través da túa factura de gas. Para calquera necesidade que teñas en relación á IP (citas, prezos, etc.), ponte en contacto coa túa distribuidora de gas xa que eles son os responsables de realizala.
Finalmente, cando a túa distribuidora leve a cabo a IP da instalación da túa comunidade (IRC), repartirá o custo entre todos os veciños que teñades gas e cobraracho a través da túa factura de gas.
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!