Como facer un cambio de titular de luz ou gas?
O cambio de titular consiste en poñer os contratos dunha vivenda ou local a nome doutro titular, xa sexa persoa física ou xurídica.
É importante que o contrato estea a nome de quen consome a enerxía, porque no caso de non pagamento o titular será o responsable da débeda.
O cambio de titular debe pedilo sempre o novo titular, é dicir a persoa que quere poñer o contrato ao seu nome.
Se o titular saínte ten algunha factura pendente de pagamento para o contrato que se quere cambiar, esta débeda quedará pendente pola súa parte.
Recomendámosche que facilites unha lectura actual do contador para evitar que se lle facture ao novo titular o consumo anterior ao cambio.
- Se xa es cliente, podes realizar a xestión de cambio de titular dende Área Clientes ou dende a App Comercializadora Regulada. Tan só tes que seleccionar A miña oficina no menú superior e no apartado Os meus Datos escoller Poñer contrato ao meu nome
- Se aínda non es cliente, contacta con Atención ao Cliente a través das nosas canles de atención.
Por favor, ten á man os datos do actual titular, porque chos pediremos.
Descarga a App de Comercializadora Regulada
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!