Como descargo a factura con ou sen sinatura dixital?
O de gardar facturas en papel é cousa do pasado. Telas todas dispoñibles na túa Área Cliente ou dende a App Comercializadora Regulada.
Unha vez localizada a factura, verás na mesma liña a icona de descargar factura en formato PDF. Ao premer nesta opción, visualizarás o arquivo no teu navegador. Se queres gardar e arquivar o documento, busca a icona de descargar e unha vez finalizada a descarga, podes arquivar e renomear o documento na unidade que queiras do teu dispositivo.
Se o que queres é descargar a factura con sinatura dixital, abre a icona dos tres puntos e preme na opción de descargar en PDF asinado. Sigue os pasos descritos anteriormente. Unha vez descargado e gardado no teu dispositivo, abre o arquivo con Adobe Acrobat e verás a sinatura dixital no panel de sinatura.
Descarga a App de Comercializadora Regulada
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!