Como pido un fin de subministración ou cesamento?
Se queres o fin da subministración, solicitarás directamente un cesamento e debes saber que deixarás de dispoñer da enerxía e que recuperala implicará facer unha alta e probablemente algunhas tarefas técnicas previas á reapertura da subministración.
Se o contador é dixital, como na maioría dos casos dos contadores eléctricos, o cesamento non suporá a retirada do contador, porque se fará en remoto.
Non obstante, para os contadores de gas un técnico da distribuidora terá que ir retiralo á túa vivenda, co que será necesario que peches unha cita para iso. Cando nos pidas o cesamento axudarémoste con isto. Mentres dispoñas de contador manterás a subministración connosco.
A retirada do contador implica o fin da subministración e a data de fin da subministración. Unha vez nolo comunique a distribuidora elaboraremos a factura de peche co consumo real que nos faga chegar a mesma distribuidora ata esa data fin, e daremos de baixa o produto de enerxía.
No caso no que non sexas o titular do punto de subministración, pedirémosche documentación adicional que acredite a túa vinculación coa vivenda.
Para solicitar o fin da subministración, accede ao formulario que che indicamos a continuación. Unha vez alí, pedirémosche datos, deberás escoller o motivo “Cesamento/Fin de subministración” e tamén terás que achegar os seguintes documentos unha vez completados:
- Documento solicitude cesamento Gas (se solicitas o cesamento de gas).
- Documento solicitude cesamento Electricidade (se solicitas o cesamento de electricidade).
- Documentación que acredite a túa vinculación co punto de subministración (só no caso de que non sexas o titular desa subministración).
Descarga a App de Comercializadora Regulada
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!