Preguntas e xestións frecuentes
Preguntas e xestións frecuentes
As consultas máis comúns dos nosos clientes
Abre a Listaxe FAQs
Facturas
Acerca das miñas facturas
Factura online
Lectura de gas
Consumos facturados
Pagamentos
Outros
Contratos
Acceso a contratos
Datos do contrato
Cambio de titular
Produtos
Tarifa de Luz PVPC
Servizo de mantemento
Baixa de enerxía ou servizos
Baixa por fin de subministración
Bono Social
Bono Social Eléctrico
Alta novas subministracións
Alta de Luz
Alta de Gas
Tarifas de Luz
Tarifas de gas
Servizos de mantemento
Información Útil
Consellos de seguridade
Mercado regulado e mercado libre
Inspección periódica
Urxencias
Diferenzas entre mercado regulado e libre
No pasado, o Goberno era o único encargado de fixar os prezos e só existía o denominado mercado regulado. En 2009 liberalizouse o mercado e dende ese momento os consumidores foron libres de elixir a quen contratar a luz e o gas entre centos de comercializadoras. Pero o mercado regulado aínda existe. A liberalización consiste precisamente en que poidas elixir estar no mercado regulado ou no mercado libre e elixir a comercializadora. Calquera pode cambiar do mercado regulado ao libre e viceversa, pero coa limitación de que o mercado regulado para a luz, só pode admitir potencias que non superen os 10 kW.
No Mercado Regulado, a tarifa está regulada polo Ministerio, tanto en luz coma en gas.
En luz chámase PVPC (Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor). A súa principal característica é que o prezo do kWh cambia cada día e cada hora. Polo tanto, o prezo está sometido á volatilidade do mercado eléctrico.
A tarifa regulada PVPC comercialízana só algunhas comercializadoras que non poden vender enerxía no mercado libre, como é a Comercializadora Regulada Gas&Power S.A. do grupo Naturgy.
Non ten permanencia e só se pode contratar se tes menos de 10 kWh de potencia.
En gas, a tarifa regulada chámase TUR (tarifa de último recurso) e caracterízase por fixar os seus prezos trimestralmente, regulados polo Goberno. Existe a TUR 1, TUR 2 e TUR 3, en función do consumo anual. Adicionalmente, está a TUR Comunidades de propietarios, para aquelas comunidades de propietarios de vivendas de uso residencial con caldeira centralizada de gas de máis de 50.000 kWh/ano.
As tarifas reguladas non admiten ofertas nin descontos. En cambio as comercializadoras que operan no mercado libre, marcan os seus prezos e as súas estratexias comerciais de descontos, poden facturar conxuntamente luz e gas e ofrecer outro tipo de servizos.
Ti elixes a opción que máis che convén segundo as túas necesidades.
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!