Como rexistrarse en Área Clientes?
Podes rexistrarte en Área Clientes ou dende a App Comercializadora Regulada. O teu usuario e contrasinal serviranche para ambas as dúas.
Rexistrarse é sinxelo e rápido. Como dato de seguridade pedirémosche os 4 últimos díxitos de calquera das contas bancarias nas que teñas domiciliado un contrato de Comercializadora Regulada Gas&Power. Se por algún motivo non tes domiciliación, ao detectalo pedirémosche que informes o importe dalgunha das túas 3 últimas facturas.
Importante:
- O teu usuario será o teu NIF/NIE/pasaporte.
- Ao finalizar o rexistro, enviarémosche un correo electrónico desde o cal deberás activar a túa conta.
- Sempre terás dispoñible unha opción de lembrar contrasinal, por se algunha vez o esqueces.
Descarga a App de Comercializadora Regulada
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!