Como podo consultar e pagar as miñas facturas pendentes de pagamento?
Doado! Na túa Área Clientes ou na App Comercializadora Regulada podes acceder ás túas facturas pendentes de pagamento acudindo á sección Facturas do menú principal e seleccionando a xestión Ver facturas pendentes de pagamento .
Unha vez visualices as facturas pendentes de pagamento escolle a opción “Pagar online” para pagalas coa túa tarxeta bancaria.
- Se as facturas pendentes de pagamento son recentes,estarán á vista ao entrar na sección Facturas e podes pasar ao pagamento premendo sobre o estado de Pendente de pagamento.
- Se son facturas con certa antigüidade, utiliza o filtro de busca por estado, seleccionando a opción de “pendente de pagamento” e preme en Buscar.
- Selecciona as facturas que queres pagar e preme na opción de Pagar online.
- O importe da factura ou o sumatorio das facturas seleccionadas aparecerá na pasarela de pagamento de Caixabank, na que deberás informar os datos da tarxeta bancaria coa que realizar o pagamento.
Descarga a App de Comercializadora Regulada
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!