Como saber a potencia que preciso?
O primeiro de todo é coñecer a túa potencia punta e val contratada. Pódela consultar na factura ou ben na túa Área Clientes consultando o detalle do teu contrato de luz.
Se non che saltaron nunca os fusibles, é que tes a potencia correcta ou ben tes unha potencia por enriba da necesaria.
En cada factura tes informada a potencia máxima utilizada nos últimos 12 meses. Se a túa potencia demandada está bastante por debaixo da contratada e non prevés cambiar os teus usos e hábitos de consumo, podes solicitar baixar a potencia para así reducir este custo na túa factura.
Se a potencia demandada non se afasta demasiado da contratada, aconsellámosche non a cambiar para que, ante calquera imprevisto polo que teñas que utilizar máis electrodomésticos á vez, non salten os fusibles.
Recorda que tes unha potencia punta e unha potencia val que podes contratar con valores diferentes, pero recorda tamén que a potencia val inclúe as fins de semana e festivos. Se normalmente fas un uso similar entre semana que as fins de semanas e festivos, recomendámosche que ambas as potencias sexan a mesma.
Accede á túa factura e, no apartado Información de consumo eléctrico, verás a seguinte imaxe onde encontrarás a información da potencia máxima demandada nos últimos 12 meses .
Descarga a App de Comercializadora Regulada
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!