Como solicitar a alta de luz sen ter instalación?
Se aínda non tes a instalación eléctrica a punto, explicámosche os pasos que debes seguir dende o inicio ata dispoñer da túa subministración eléctrica.
Coñece os pasos na alta de luz
Coñece os pasos na alta de luz
-
1. Solicitude de alta
Se non tes instalación de luz na túa vivenda, deberás facer unha petición e o pagamento de alta para a obra da distribuidora.
Informámoste no 900 907 394. -
2. Inicio de alta
O promotor ou o instalador solicitaralle á distribuidora unha alta de luz para levar a cabo a obra do edificio, que incluirá a construción das instalacións eléctricas individuais de cada vivenda, mesmo o contador telemedido.
-
3. Obtención do CUPS e o CIE
A distribuidora da túa zona informará ao instalador do CUPS da vivenda.
O instalador facilitará este dato (CUPS) ao cliente, xunto co CIE da vivenda.
-
4. Elección de tarifa e contratación de subministración
Inicia a contratación da tarifa PVPC chamando ao teléfono 900 907 394. Pedirémosche os seguintes datos:
- NIF/CIF/NIE do titular
- Datos bancarios para a domiciliación dos teus recibos
- Enderezo da subministración
- Código CUPS
- CIE
Durante o proceso de contratación poderás elixir un servizo de mantemento de luz.
-
5. Colocación do contador
Cando contratases, contactaremos de novo coa túa distribuidora para informala da contratación da subministración e eles activarán o contador telemedido.
-
6. Inicio da subministración da luz
A distribuidora abrirá a subministración e o contrato quedará activo con Comercializadora Regulada Gas&Power. O prazo estimado para a activación do contrato é de 10 días.
Pareceuche útil esta información?
Grazas pola túa resposta!